Rochas sedimentarias
Son rochas esóxenas, construídas pola acumulación e compactación de pequenos fragmentos procedentes da alteración doutras rochas da codia terrestre. Segundo o proceso de formación clasifícanse en detríticas e non detríticas.
A diaxénese é o proceso de trasformación dos sedimentos nunha rocha sedimentaria, que comprende dúas etapas:
Compactación: |
Os sedimentos acumulados deposítanse en capas que, sometidos a unha presión crecente, perderán a auga e o aire que os rodeaba, reducindo substancialmente o seu volume inicial.
|
Cementación: |
A desaparición dda auga que envolvía os sedimentos provoca a precipitación dos sales disoltos, que actuarán como cemento de unión entre os fragmentos minerais.
|
As rochas sedimentarias detríticas están pola cementación de fragmentos procedentes da meteorización e a erosión sufrida por calquera tipo de rocha superficial.
As rochas sedimentarias non detríticas obtéñense mediante reaccións químicas de precipitación ou evaporación nas que poden intervir ou non os seres vivos. Son rochas que non proceden de fragmentos doutras rochas preexistentes. Clasifícanse en rochas carbonatadas, evaporísticas e organóxenas:
Carbonatadas: |
As máis representativas son as calcarias, compostras por calcita, e as dologmitas formadas polo dolomita. Segundo a orixe do carbonato pode ser: Calcarias de precipitación química e as calcarias de orixe orgánica.
|
Evaporísticas: |
Están formadas por sal, os exemplos máis representativos son: o sal común, a silivina e o xeso.
|
Organóxenas: |
Formanse pola acumulación de restos de seres vivos en ambientes pobres en osixeno onde son descompoostos pos bacterias, destacan: o carbón e o petróleo.
|