Acción xeolóxica da auga
A auga dos continentes está repartida entre augas superficiais e augas subterráneas. Son augas superficiais as dos regatos, ríos, lagos e o xeo dos glaciares.
Os regatos son correntes de auga procendentes dos desxeos ou da chuvia que circulan por pequenos regueiros ou canles sen curso fixo, a súa acción é maior canto máis brando e máis pendente teña o terreo e máis escasa sexa a vexetación.
Algunhas formacións resultantes son:
Cárcavas: |
Son surcos en forma de "v" escavados en terreos brandos e soltos. |
Chemineas de fadas: |
Son columnas piramidais coroadas por unha gran rocha que evitou o arrastre do material existente baixo ela. |
Lenares ou lapiases: |
Son surcos escavados en rochas solubles separados por agudas cristas que fan o terreo intransitable. |
Os ríos son correntes de auga permanente que discorren por unha canle ou leito fixo.
O caudal é a cantidade de auga que leva o río, varía coas estacións do ano e procede da chuvia ou do desxeo, o caudal desprazase impulsado pola gravidade e ao longo do seu percorrido existen tres tramos:
Curso alto: |
É o tramo con maior pendendente e con maior velocidade da auga, nesta zona predemona a erosión e o transporte de materiais, e habitual encontrar gargantas, os desfiladeiros, as foces e os canóns. |
Curso medio: |
A pendente é menor, a forza da uga diminúe , polo que predomina o trasporte. Neste tramo predominan os meandros, os aluvións e as terrazas fluviais. |
Curso baixo: |
A pendente é escasa polo que predomina a erosión, nas desenbocaduras, podense prodúcir veigas. |
Segundo as características da costa onde verten as súas augas os ríos, distínguense dous tipos de desembocaduras:
Deltas: |
Son acumulacións de sedimentos de forma triangular formadas ao cherar a auga do ría a unha costa pouco profunda e con correntes débiles. |
Esteiros: |
Prodúcense en costas abertas con forte ondada ou correntes intensas que impiden a acumulación de sedimentos e as mareas arrastranos mar adentro.
|
As augas subterráneas proceden da infiltración pola gravidade no terreo da auga da chuvia, os ríos ou desxeo.
A superficie superio desta capa de auga almacenada constitúe o nivel freático, cuxa profundidade varía estacionalmente, segundo o réxime de chuvias.
A capa almacenada no subsolo constitúe unha reserva de auga denominada acuífero.
Imaxe das Tablas de Daimiel que estan en perigo pola sobreexplotación dun acuífero:
Os glaciares enormes e profundas masas de xeo acumuladas en rexións con temperaturas moi baixas. Existen dous tipos de glaciares:
Glaciares de casquete polar: |
Atópanse nos polos e están constituidos por grosas masas de xeo que cobren grandes rexións continetais.
Os xeos dos casquetes polares desprázasen a través de numerosas linguas que avazan cara o mar, onde rompen en grandes fragmetos de xeo (icebergs). |
Glaciares alpinos: |
Fórmanse en zonas de alta montaña e distínguese tres partes:
|