O tempo
O tempo é o estado da atmosfera nun lugar e momento determinados.
As variacións diarias que esperimenta a atmosfera son rexestradas polos meteorólogos con aparatos que miden a temperatura, a humidade, o vento, a nubosidade e as precipitacións, os datos recollidos representanse nun mapa meteorolóxico, no que se indica a presión atmosférica (mídese en barómetros), os anticiclóns, as borrascas e as fontes frías e cálidas.
A presión atmosférica é o peso exercido polos millóns de moléculas de aire sobre calquera punto da terra.
As isóbaras so puntos de igual valor de presión que se unen para representalos no mapa.
Os anticiclóns son zonas da atmosfera caracterizadas pola exercidas existencia de altas presións.
As borrascas son rexións atmosféricas onde predominan as baixas presións.
Unha fonte é a fronteira ou liña de contacto entre dúas masas de aire en movemento e con distintas temperaturas, dous tipos:
Fronte fría: |
Prodúcese cando unha masa de aire frío entra en contacto cunha masa de aire quente. O aire frío fai que o aire cálido se eleve de xeito rápido, provocando a formación de nubes tormentsas e fortes ventos.
Represéntanse nos mapas meteorolóxicos cunha liña de triángulos azuis. |
Fronte cálida:
|
Prodúcese cando unha masa de aire cálido entra en contacto a unha zona de aire frío. Ao subir, o aire quente arrefría e condénsase en nubes que poden descargar chuvias.
Represéntanse nos mapas por liñas con semicírculos vermellos. |