Combustibles fósiles
Son aquelas substancias susceptibles de seren empregadas mediante combistión como fontes de enerxía. Os máis utilizados son: o carbón, o petróleo e o gas natural, son todos recursos enerxéticos non renovables xa que no seu proceso de formación supera de sobra o tempo empregado no seu consumo.
Carbón: |
Procede da descomposición de restos de vexetais depositados baixo a auga de lagos, pantanos ou marismas, onde a acción das bacterias acaba trasformándoos nun material fibroso, lixeiro e de cor parda denominado turba. A chegada de novos sedimentos esmaga e compacta a turba, que se converte en lignito, un tipo de carbón de cor parda e de aspecto leñoso. Un aumento da compactación transforma o lignito en hulla que, sometida a grandes presións pódese converter en antracita. O carbón significa un setenta por cento no consumo de enerxía de España e quedan uns corenta e dous anos ata que se esgote.
|
Petróleo: |
Fórmase a partir de materia orgánica procedente do placto mariño. A acumulación e soterramento destes restos nos fondos aceánicos próximos ás marxes continentais permite a fermentación bacteriana, que transforma eses restos nunha mestura de hidrocarburos sólidos, liquidos e gasosos que constitúen o petróleo. O petróleo foi a enerxía prioritaria no século XX, actualmente en Españarepresenta un cincuenta e un por cento da enexía consumida en España, e quedan sesenta e tres anos para que se esgote.
|
Gas natural: |
É unha mestura de hidrocarburos gasosos localizada en xacementos subterráneos, soa ou asociada ao petróleo. O gas natural empregfado como combustibles é gas metano en estado uro xa que o resto dos seus compoñentes foron eliminados. A combustión do metano a penas deixa residuos polo que se trata dunha enerxía pouco contaminante. O gas natural emprégase cada vez máis para prodúcir calor ou xerar electricidade, actualmente o seu consumo en España esta en torno oa vinte por cento, e quedan máis ou menos uns sesenta e tres anos ata que se esgote.
|