Acción xeolóxica do vento
O vento é un movemento de aire provocado pola existencia na atmosfera de zonas con diferente presión. O aire circula desde as zonas de altas presións cara ás áreas de baixas presións. O vento é o axente xeolóxico que actúa nos procesos eólicos e de transporte e sedimentación eólicos.
A erosión eólica prodúcese cando se levanta o vento e transporta pequenas partículas que desgastan e perforan as rochas tras impactar con elas. A erosión eólica é máis intensa en zonas secas, con pouca vexetación e con partículas soltas no solo. Existen dous conceptos que hai que aprender:
Deflación: |
É o levantamento de partículas de solo, se ocorre nos desertos produce treboadas de area e forma campos de pedras.
|
Corrasión: |
O desgaste das rochas tras o imacto de pequenos fragmentos impulsados polo vento.
|
O transporte e sedimentación eólicos debese a intesidade de corrente e de aire e o tamaño das partículas do solo, o vento trasporta fragmento mediante reptación, saltación e suspensión. Ao perder intensidade, o vento solta as partículas transportadas, segundo os seus tamaños, e forma os seguintes depósitos eólicos:
Dunas: |
Son monticulos de forma e altura variable orixinados ao chocar a area transportada cun obstáculo que frea o seu avance, se o obstaculo e grande e a duna non o pode sobrepasar será inmóbil, se polo contrarío a duna e capaz de sobre pasar o obstaculo a duna será móbil. As máis comúns son as barxanas.
|
Loess: |
Son zonas de depósito das partículas máis finas transportadas polo vento, despois de ser arrastradas durante varios quilómetros.
|